O pasado luns día 15 de Marzo na asociación AGAGUI mantivemos unha xuntanza con Sindo Guinarte, Concelleiro de Turismo de Santiago, e Flavia Ramil, Xerente de Santiago Turismo, para presentar novas propostas neste 2021 e solicitar que calquera iniciativa relacionada co colectivo de guías de turismo de Santiago sexa aberta ao conxunto de guías de turismo que exercen legalmente no termo municipal, con independencia de que pertenzan a unha asociación.

De feito, a nosa proposta “Gánate Santiago” ligada ás peregrinas e peregrinos que cheguen neste Ano Santo, concebiuse para que calquera guía oficial de Galicia que habitualmente realice visitas guiadas en Compostela poida participar na iniciativa. E así vai ser sempre pois esa é unha das premisas fundamentáis e pilares da asociación, server de apoio e defensa da profesión de guía de turismo na comunidade galega.

Agradecemos a actitude de escoita e boa disposición do concelleiro e dende a nosa entidade seguiremos traballando polo colectivo de guías de turismo.

Etiquetas: , ,

SÉGUENOS!