Xuntanza entre AGAGUI e a dirección da Axencia de Turismo de Galicia
O pasado mércores 17 a Asociación AGAGUI mantivo unha xuntanza coa Directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, para falar do novo convenio da Xunta de Galicia para o colectivo de Guías de Turismo. Actualmente o convenio está pendente de revisión por parte dos servizos xurídicos e non hai unha data concreta para sinatura, aínda que o compromiso dende a Xunta de Galicia é que poidamos dispor do convenio antes da sinatura, así como que estas axudas sexan accesibles para tódalas persoas que sexan Guías Oficiais de Turismo de Galicia, con independencia de que pertenzan ou non a unha asociación de guías.
Aproveitamos para falar tamén de Turislab, a aceleradora galega especializada en turismo que vén de ser porse en marcha hai uns días (ver publicación na web de Xunta de Galicia) e que pretende ser unha rede de recursos innovadores e de alto impacto especializada no turismo sostible e de calidade.
Dende a Asociación AGAGUI agradecemos a boa disposición dende a Axencia Turismo de Galicia e damos a benvida a estas novas iniciativas coma Turislab.