O pasado venres día 5 de Marzo tivemos nosa primeira reunión coas compañeiras da AGUICAT, a asociación de guías maioritaria de Cataluña e actualmente a máis grande de España con máis de 400 asociados. Durante máis de 90 minutos a xunta directiva de AGAGUI coñeceu de primeira man a traxectoria e logros desta asociación ata agora, que non son poucos.

A Associació de Guies de Turisme de Catalunya conta xa con 6 anos, agrupa máis de 400 persoas e defende os intereses do colectivo, formen parte da asociación ou non. Como defeden e defenderon os intereses do colectivo? Fomentando un turismo de calidade e sostible. Todo un exemplo a seguir que se apoia nestes tres pilares:

  • RECLAMACIÓN: Pola defensa da cualificación de guía turístico, o distintivo oficial da nosa profesión.
  • RESPONSABILIDADE: Somos a cara visible de Cataluña cara aos nosos cidadáns e visitantes.
  • CALIDADE: A cualificación designanos como profesionais activos e con formación permanente.

 

AGUICAT ruta guías de turismo
Un dos guías de turismo da AGUICAT facendo un tour.

 

Dende AGAGUI queremos agradecer o apoio recibido e todas as cuestións tratadas que son tan imporantes para nós e que agora están un pouquiño máis claras. MOITAS GRAZAS DENDE GALIZA, SODES UN EXEMPLO PARA TOD@S!

Xuntos somos máis FORTES! 💪🏼

 

Etiquetas: , ,

SÉGUENOS!