Axudas ao sector turístico

Axudas ao sector turísticoDende a Axencia de Turismo de Galicia chéganos esta información de interese para todos os guías de Galicia que a continuación compartimos.

O sector turístico galego atravesa unha difícil situación como consecuencia dunha pandemia que nos afecta a todos e que nos obriga a tomar medidas drásticas para o seu control. Medidas que están afectando a un sector xa de por si fortemente golpeado polas limitacións de mobilidade e as restricións sanitarias pero que, pouco a pouco, comezan a dar os seus froitos.

A Xunta de Galicia aprobou unha liña específica para o sector da hostalería afectado polos peches, e dotada con 17 millóns de euros ao que tamén temos que engadir unha nova liña de axudas dotada con 3 millóns de euros, orientada para a ampliación ou reforma de terrazas exteriores e para a posta en marcha de servizos de take away.

 

Os guías autónomos como os que traballan para algunha empresa poden acceder ás axudas. 
Fai click nos bótons para poder ver os documentos cos requisitos.

 

Estas axudas teñen aberto prazo ata o 28 de decembro e que son complementarias e acumulables entre si polo que, no caso dos autónomos con establecementos hostaleiros, por exemplo, as contías das axudas poderán oscilar entre os 6.700 euros ata os 9.200 euros, cifras que sitúan a Galicia á cabeza das comunidades autónomas en canto aos apoios dispensados a este sector.

Etiquetas: , ,
Category: axudas, Galicia, guías, turismo

SÉGUENOS!